O ENTORNO DA FONTE DA TELLA, EN SARGADELOS, NO MESMO ESTADO UN ANO DESPOIS DO KLAUS
A PESAR DO CAMBIO DE GOBERNO, MOITOS LUGARES DO CONCELLO DE CERVO ESTÁN EXACTAMENTE IGUAL QUE FAI UN ANO. MOITOS PARTICULARES QUE DEMANDARON AXUDAS PARA LIMPAR OS MONTES, NON RECIBIRON AÚN CONTESTACION DA XUNTA
CERVO, 23 DE XANEIRO. Un ano despois de que o ciclón Klaus asolara Galicia, as cousas están aínda moi mal polo Concello de Cervo. Moitos son os puntos que a día de hoxe están sen limpar e os veciños tiveron que buscar unha saída ante a falla de resposta. Os que optaron por limpar os seus montes antes do verán para prevenir posibles incendios, non tiveron axuda alguna posto que non foi ata o otono cando empresas madereiras subvencionadas pola Xunta comezaron a limpar os montes e comprar a madeira aos donos. A día de hoxe, non recibiron contestación da Xunta de Galicia sobre as axudas.
O “OUTRO” ENTORNO DE SARGADELOS QUE ESQUECEU VILLARES
Na nosa memoria están aínda as peticións do alcalde de Cervo solicitando axuda do exército, co entorno da área recreativa de Sargadelos devastada como fondo. Os Socialistas, ofrecimos ao alcalde a nosa colaboración pero o alcalde decideu utilizar a demagoxia co paraxe de Sargadelos durante os tres meses seguintes. Este área recreativa foi rexenerada segundo o proxecto que deixou aprobado o bipartito, xa en funcións, pero o alcalde de Cervo unha vez chegou o seu partido á Xunta, esqueceu seguir coas peticións ante tódolos danos que aínda estaban por reparar.
No mes de xullo do 2009, o GMS solicitou mediante escrito no rexistro, a a limpeza e retirada da madeira do río e o entorno da Fonte da Tella, enmarcado no paraxe de Sargadelos. A día de hoxe, e á vista das fotos tomadas na semana na que se cumpre un ano do ciclón, co alcalde e o edil de turismo en FITUR, promocionando o concello, os nosos paraxes e instalacións municipais seguen esquecidas sen que as administracións do PP fagan nada. Agora parece, toca estar caladiños.