Nota de Prensa
O GPPP sospeita que os cambios do gabinete de Bao responden á descoordinación e as tensións internas no BNG
Martes, 5 de xaneiro de 2010.- O Gppp acusa ao BNG de descoordinación na área de deportes, os populares afirman que as tensións internas están a repercutir no funcionamento do gabinete que depende dos nacionalistas.
O voceiro adxunto, José María González Barcia, ve “moi sospeitoso” que se cese ao responsable de deportes da deputación, Eduardo Fernández Abel, (fixose efectivo o pasado día 28 de decembro) substituíndoo pola irmá dunha destacada dirixente nacionalista do concello de Lugo.
Para os populares a crise das distintas correntes do BNG proban os problemas que atravesa a formación nacionalista na loita polo poder municipal de cara ás vindeiras eleccións. A xuizo de Barcia, o vicepresidente Antón Bao move ficha e “a cambio de colocar á un familiar de Paz Abraira no gabinete de deportes se abre camino como cabeza de lista para o concello”.