Site icon Crónica3.com A Mariña

As vivendas protexidas de O Torno en Burela serán entregadas o martes, anuncia o PP

NOTA DE PRENSA

As últimas vivendas protexidas de O Torno serán entregadas o vindeiro martes.

José  María González Barcia manifestou que ó acto asistirá a Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias.

Barcia, “satisfeito de que se peche un proceso de gran transcendencia social que iniciou o PP desde o concello”.

O portavoz do GMPP de Burela, José  María González Barcia,  afirmou hoxe que as seis vivendas de protección de O Torno que quedaban sen entregar, serán entregadas ós seus adxudicatarios o vindeiro martes, día vintesete, pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias.

González Barcia indicou que así se pecha un proceso de gran calado social que foi posible gracias ó compromiso do Partido Popular desde o goberno municipal de Burela. Un proceso que comenzou o Partido Popular desde o goberno municipal de Burela, cando apostou decididamente pola construcción das vivendas de protección de O Torno, co total respaldo da Xunta de Manuel Fraga. E será precisamente unha Xunta do PP, presidida por Núñez Feijoo,  quen peche o proceso, facendo entrega das últimas vivendas.

González Barcia mostrouse satisfeito de que se peche un proceso que comenzou o PP desde o Concello, e lembrou que o proceso de adxudicación das primeiras vivendas iniciouse na súa época de alcalde, con total transparencia e obxectividade.

Exit mobile version