Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do instituto Perdouro de Burela participaron nun obradoiro de regueifas

BURELA .- Dous expertos regueifeiros, Luís o Caruncho e Pinto de Herbón guiaron un obradoiro de regueifas no IES Perdouro de Burela dirixido aos alumnos de primeiro de bacharelato.

Nota de Prensa

*Co rogo da súa difusión, informamos da seguinte actividade que tivo lugar no IES Perdouro de Burela co motivo de dinamizar a creación
literaria do alumnado:*

* Obradoiro de regueifas no IES Perdouro *

O pasado venres 15 os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Perdouro asistiron a un obradoiro de regueifas. Esta actividade estivo organizada conxuntamente pola Biblioteca do instituto e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración con outros centros da Mariña. Dous expertos regueifeiros, Luís o Caruncho e Pinto de Herbón, lograron que todo o alumnado participara e compuxera regueifas sobre diversos temas e logo as cantara en presenza de todo o grupo. A actividade comezou cunha presentación regueifada na que se informaba aos asistentes da evolución histórica deste tipo de composición poética e da súa existencia en distintos países do mundo. Logo recibiron unhas sinxelas explicacións sobre música e rima e, finalmente, de forma práctica e entretida os rapaces conseguiron crear copliñas por si mesmos grazas ao seu bo oído para o ritmo.

Exit mobile version