Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PP que a deputación autorizou o desvío dunha partida dos orzamentos a gastos diversos

NOTA DE PRENSA

O GPPP denuncia que Gómez Besteiro autorizou outro desvío de 270.000 euros dos orzamentos da Deputación a gastos diversos

Lugo, a 22 de xaneiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular reitera as súas críticas ó bigoberno provincial por estar continuamente facendo transferencias de crédito dos seus orzamentos do pasado ano 2009 para as que nos se especifica cal vai a ser o seu destino.

Os populares suliñan que ó tempo que van tendo acceso a documentación da administración provincial van comprobando que o derroche dos cartos de todos os lucenses é máis acudiante por parte dos seus responsables.

Así, segundo indicaron, un decreto asinado por José Ramón Gómez Besteiro, con data do pasado 30 de decembro, no que se autoriza unha modificación de crédito por importe total de 434.000 euros dos que “nada menos” que 270.000 se adican a gastos diversos (90.000 para os órganos de goberno, 130.000 para a área de cultura e 50.000 para a de deportes), é dicir, a actuacións das que non se dá ningún tipo de explicación. Uns cartos que, segundo suliñan dende o GPPP, ben poderían adicarse a inversión e non, como é xa costume, a propaganda.

Exit mobile version