Site icon Crónica3.com A Mariña

Actos do BNG na Mariña sobre a situación do sector agrario

NOTA DE PRENSA

Visita do Senador Pérez Bouza e Rolda de Prensa na Cooperativa Os irmandiños sobre a situación do sector lácteo e horticola.
Mañá Luns 4 de Xaneiro o BNG da Mariña organizará diferentes contactos con representantes do complexo agrogandeiro da Mariña a fin de divulgar as sáus propostas nesta materia así como de pulsar a opinión do sector diante da situación de crise xeneralizada que vive o sector primario.
No contacto participará o Senador Xosé Manuel Pérez Bouza, o Responsábel Comarcal do BNG, os Alcaldes de Ribadeo e Riotorto e membros da Executiva Comarcal do BNG.
O programa de visitas comenzará as 12:00h na Cooperativa Os Irmandiños de Ribadeo, onde se manterá unha reunión na Sala de Xuntas, con membros do Consello Rector para analizar o problema do prezo do leite así como os custos de intermediación.
Äs 17.00 h manterán unha xuntanza de traballo con productores de horta da provincia de Lugo, organizados na Cooperativa Labregos de Lugo, que ten a súa sede en Riotorto onde se analizaran os problemas de comercialización e de baixo prezo dos productos de horta.
Ás 12:00 h Perez Bouza comparecerá nunha Rolda de Prensa na Cooperativa dos Irmandiños para dar a coñecer a súa proposta sobre os prezos do leite así como o sentido da penencia que se está elaborando no senado sobre as marxes de intermediación e os prezos abusivos que o sector da distribución lle marca aos productores.

Exit mobile version