Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades en Burela para os últimos días do Nadal

Hoxe e mañá (4 e 5 de xaneiro) de 11 a 13 horas ten lugar na praza de abastos de Burela o obradoiro de xogos tradicionais e igualdade de oportunidades, para nenos/as de 6 a 12 anos. Mañá martes celebrarase a tradicional cabalgata a partir das 7 da tarde; os caramelos que se repartirán durante a cabalgata de reis son aptos para celíacos. Para o 8 de xaneiro está previsto o Concerto de Aninovo que ofrecerá a Escola Municipal de Música de Burela a partires das 20:30 horas na Casa da Cultura. E o 9 de xaneiro os máis novos teñen unha cita coa maxia ás das 18 horas na Casa da Cultura.

Exit mobile version