NOTA DE PRENSA
Emilio Lousas xunto co seu Equipo de Goberno mantivo unha xuntanza de traballo coa secretaria xeral de Familia e Benestar no día de onte na Casa do Concello
O ALCALDE SATISFEITO DESPOIS DE QUE A XUNTA ANUNCIARA A DOTACIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL NO MUNICIPIO
· A Consellería de Traballo e Benestar asinou un convenio coa administración central a través do Plan Educa para a reforma e equipamento do inmoble que albergará esta instalación nas antigas escolas de Carballido.
· Susana López Abella tamén comprometeuse á finalizar os trámites administrativos previos á apertura da vivenda comunitaria, que entrará en servizo no mes de febreiro, e visitou os terreos onde se estuda instalar unha residencia para persoas maiores
Alfoz, 21 de xaneiro de 2009.- O Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, amosou a súa satisfacción e a do seu Equipo de Goberno despois dos compromisos acadados pola secretaria xeral de Familia e Benestar na súa visita no día de onte ao concello. Susana López Abella adiantou que a Xunta dotará dunha Escola Infantil ao municipio para o que a Consellería de Traballo e Benestar asinou un convenio coa administración central a través do Plan Educa, polo que se procederá á reforma e equipamento do inmoble que albergará esta instalación, sita nas antigas escolas de Carballido. O alcalde salientou que esta nova Escola Infantil contribuirá non só ao asentamento da poboación senón incluso ao fortalecemento dos servizos de benestar e ao desenvolvemento integral do concello.
Por outra banda o primeiro edil tamén felicitouse polo compromiso acadado ao respecto da construción dunha residencia para persoas maiores. O Equipo de Goberno aproveitou a visita da secretaria xeral de Familia e Benestar para facerlle entrega dunha memoria do anteproxecto e visitaron o solar de 4.000 metros cadrados onde se está a estudar a ubicación da fultura residencia. O compromiso da Xunta é elaborar o estudo correspondente tanto para desenvolver a obra como respecto da análise do financiamento necesario.
Finalmente, a dirixente autonómica explicou que desde a administración autonómica están a finalizar os trámites previos á apertura do piso tutelado que existe neste municipio, que entrada en servizo o vindeiro mes de febreiro