Site icon Crónica3.com A Mariña

A web do concello de Cervo informa sobre o proxecto “Impulsa Lugo” como iniciativa empresarial

CERVO .- A Xunta de Galicia vén de impulsar un plan de axudas de apoio á iniciativa empresarial e emprendedora do que poden beneficiarse todos aqueles que teñan un proxecto empresarial na nosa provincia: O coñecido como “Impulsa Lugo”. Co obxecto de dar a coñecer este proxecto e as distintas medidas nel contempladas a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local ademais de dar cumprida información a todo aquel que se acerque ou chame ao Concello de Cervo incorporou un enlace na páxina web municipal (http://www.concellodecervo.com) coa páxina corporativa oficial da Xunta na que se inclúe unha descrición das distintas liñas de axuda do Impulsa Lugo.

CONTRIBUIR Á DIFUSIÓN DO PROXECTO

A edil de Emprego do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira explicou, que o Goberno municipal pretende así colaborar na difusión deste proxecto que contribuirá dun xeito decidido a aportar riqueza e un maior equilibrio socioeconómico na provincia. Se trata por tanto de poñer o noso grao de area a unha iniciativa autonómica que conta co respaldo dos axentes sociais, sindicais e patronais da nosa provincia e, como non podía ser doutro xeito, do propio Concello de Cervo.

MÚLTIPLES VANTAXES

En definitiva, a través da potenciación dos sectores estratéxicos na nosa provincia e do impulso de novas iniciativas emprendedoras, o Impulsa Lugo pretende fomentar a creación de emprego. Entre as iniciativas máis salientables están axudas directas ao investimento empresarial, prestamos con tipo de xuro ao 0%, acceso preferente a créditos ICO-IGAPE cunha subsidiación especial, financiamento para inversións, circulante, conversión de pasivos, ampliacións de capital e apoio técnico e asesoramento aos proxectos empresariais a desenvolver. Yolanda Pedreira, edil de emprego, salienta as múltiples vantaxes deste novo programa e anima a empresas e emprendedores a interesarse polo seu contido

Exit mobile version