BURELA .- O club baloncesto Burela está de parabéns porque na convocatoria da Federación Galega de Baloncesto para as categorias mini masculina e feminina, para o domingo 31 de xaneiro en Santiago de cara ás finais de Seleccións autonómicas que terán lugar na vindeira Semana Santa, figura a participación do xogador Álvaro Ferreira Martín, aínda que na convocatoria figure ACD. Burela, que é un erro xa que corresponde as antigas escolas deportivas.
Por outra banda, na Selección de Lugo Alevín Femenina, que a pasada fin de semana obtivo o subcampionato galego de seleccións, figura a xogadora do noso clube Noa Expósito Campo. Sendo a única xogadora desta selección que non pertence a equipos da cidade de Lugo.