Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede de Dinamización presenta o seu programa para xaneiro en Burela

BURELA .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Burela, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que se levarán a cabo neste mes de xaneiro. As actividades e as datas nas que se desenvolverán son as seguintes:
Obradoiro de “Creación dunha conta de correo electrónico”: preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase de luns a xoves, do 7 ao 19 de xaneiro, de 19 a 20 horas.
Obradoiro de “Procesador de textos: Writer”: con esta actividade preténdese que ousuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de manexar o procesador de textos libre OpenOffice.org Writer e así poder realizar calquera tipo de documento co ordenador. Desenvolverase de luns a venres, do 8 ao 19 de xaneiro, de 11 a 12:30 horas.
Obradoiro de “Videomontaxe”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear a súa propia composición audiovisual.
Desenvolverase de luns a xoves, do 11 ao 21 de xaneiro, de 16 a 17 horas.
Obradoiro de “Iniciación á Informática: Linux”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de manexar dun xeito básico os elementos e funcionalidades dun ordenador baixo o Sistema Operativo libre GNU/Linux.
Desenvolverase de luns a venres, do 25 de decembro ao 03 de febreiro, de 11 a 12:30 horas.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 45 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo electrónico ao seguinte enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Contacto:
Roberto Caneiro Manteiga
Dinamizador da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da
Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.

Exit mobile version