Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede de Dinamización oferta catro obradoiros de achegamento ás Novas Tecnoloxías en Burela

BURELA .- A Rede de Dinamización impartirá en febreiro en Burela catro novos obradoiros de achegamento ás Novas Tecnoloxías, serán sobre o procesador de textos Writer, Videomontaxe, Iniciación a Internet.

Nota de Prensa

A Rede de Dinamización presenta o seu programa para
febreiro en Burela
Catro novos obradoiros tecnolóxicos conforman a oferta da RDSI para o mes
Burela, a 30 de xaneiro de 2010
. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en
colaboración co concello de Burela, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas
Tecnoloxías que se levarán a cabo neste mes de febreiro. As actividades e as datas nas que se
desenvolverán son as seguintes:
o “Procesador de textos: Writer”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao
finalizar este obradoiro, sexa capaz de manexar o procesador de textos OpenOffice
Writer e así poder realizar calquera tipo de documento co ordenador. Desenvolveranse
en dúas edicións:
1. De luns a xoves, do 1 ao 23 de febreiro, de 19 a 20 horas.
2. De luns a venres, do 3 ao 12 de febreiro, de 11 a 12:30 horas.
o “Videomontaxe”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este
obradoiro, sexa capaz de crear a súa propia composición audiovisual. Desenvolverase de
luns a xoves, do 1 ao 11 de febreiro, de 16 a 17 horas.
o “Iniciación a Internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar
este obradoiro, sexa capaz de navegar por Internet empregando o navegador libre
Mozilla Firefox. Desenvolverase de luns a venres, do 17 ao 24 de febreiro, de 11 a
12:30 horas.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica,
enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das
estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus
principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 45 dinamizadores
e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que
se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás
necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con
discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de
Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo electrónico
ao seguinte enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Contacto:
Roberto Caneiro Manteiga
Dinamizador da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da
Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.

Exit mobile version