O VICEDO .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración con concello do Vicedo, impartirá durante o mes e xaneiro obradoiros de “Iniciación a Informática”, ”Wikipedia, a enciclopedia en Internet” e a charla “Vantaxes dun blog para unha asociación” ,
Nota de Prensa
A Rede informa das actividades para o mes de xaneiro no Vicedo
O obradoiros de “Iniciación a Informática”, ”Wikipedia, a enciclopedia en Internet” e a charla “Vantaxes dun blog para unha asociación” , serán as actividades que se leven a cabo este mes
O Vicedo, a 14 de xaneiro de 2010. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración con concello do Vicedo, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de xaneiro. O obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terá lugar é a seguinte:
“Iniciación a informática: Linux”: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas …) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en software libre. Desenvolverase de luns a xoves, do 18 ao 27 de xaneiro, de 16:00 a 17:30 horas.
“Wikipedia, a enciclopedia en Internet”: con esta actividade pretendese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexá capaz de ter unha visión xeral dunha enciclopedia colaborativa e poderá procurar, editar e compartir artigos. Desenvolverase de luns a xoves do 19 ao 27 de xaneiro, de 19 a 20 horas.
Asemade, está prevista a realización dunha charla “Vantaxes dun blog para unha asociación”. Nesta charla explicaranse as vantaxes que un blog lle pode aporta a unha asociación para a difusión das suas actividades. Esta charla realizarase o dia 28 as 5 da tarde na aula de dinamización.
O prazo de inscrición para estas actividades será até o comezo de ditas actividades.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de O Vicedo, sito no baixo da casa da cultura, chamar ao teléfono 982.590.195 ou mandar un correo electrónico ao enderezo tedy.ovicedo@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Contacto:
Tedy Martínez Yáñez
Dinamizador da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.