Site icon Crónica3.com A Mariña

A deputación de Lugo será o segundo cliente de subministración eléctrica da provincia ao contratar con 46 concellos

LUGO .- A deputación de Lugo ultima o contrato do servizo de subministro eléctrico nos 46 Concellos que se adheriron á iniciativa e nos centros dependentes do organismo provincial. O consumo anual que vai ser obxecto do contrato supera os 48 millóns de quilovatios hora e a potencia sitúase en máis de 31.600 quilovatios

Nota e Prensa
A Deputación aprobará nos vindeiros días a contratación do subministro eléctrico coa que aforrará cartos ós Concellos

– Contrataranse máis de 5.000 expedentes de enerxía e o consumo anual que vai ser obxecto de licitación supera os 48 millóns de quilovatios hora

– Gato Soengas subliña que “convertirémonos no segundo cliente de subministración eléctrica da provincia. Foi un traballo de chinos e feito con todo o rigor. Vai servir de paradigma para outras Deputacións de Galicia e do propio país”

A Deputación de Lugo está a ultimar o contrato do servizo de subministro eléctrico nos 46 Concellos que se adheriron á iniciativa e nos centros dependentes do organismo provincial. Nos vindeiros días procedarase á aprobación da licitación desta iniciativa coa que a Deputación aforrará cartos ós municipios. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, subliñou que “nestes momentos de crise económica, todos xuntos abarataremos costes e paliaremos as carencias que as entidades locais estamos notando na situación actual”.

En total contrataranse 5.294 expedentes de enerxía extendidos entre a Deputación e os municipios interesados nesta liña de Cooperación. O consumo anual que vai ser obxecto do contrato supera os 48 millóns de quilovatios hora e a potencia sitúase en máis de 31.600 quilovatios. “Deste xeito convertirémonos no segundo cliente de sumbinistración eléctrica da provincia de Lugo. Foi un traballo de chinos e feito con todo o rigor. Vai servir de paradigma para outras Deputacións de Galicia e do propio país”.

Nos pregos de condicións técnico-administrativos establécense criterios de valoración en canto a termos fixos de potencia, de consumo, de aluguer de equipos de medida, puntuacións e tarifas horarias.

Desaparición Grumires

O voceiro provincial socialista voltou a facer fincapé na situación que están a atravesar os Concellos pola decisión da Xunta con respecto ós Grumires. Gato Soengas subliñou que cos efectos do temporal de vento e choiva de días pasados “demóstrase que os cidadáns están desprotexidos dende o punto de vista da súa propia seguridade e da protección civil que realmente debían recibir por parte da Xunta de Galicia”.

Gato Soengas engadiu que “a administración autonómica permaneceu absolutamente alonxada e nin tan sequera alertou ós Concellos de toda Galicia nin ós da provincia de Lugo. Os Alcaldes así no lo poñen de manifesto, xa que ó non funcionar os parques de bombeiros e non haber grumires, as situación foise resolvendo cos efectivos locais”.

Para o Deputado provincial “isto contrasta co que fixo a Deputación, quen respondeu dunha maneira dilixente na protección dos cidadáns procurándolles accesibilidade nas vías provinciais, actuando en 30 Concellos da provincia e axudando ó persoal das entidades municipais”.

Gato Soengas engadiu que “a situación dos últimos días pon de manifesto que é absolutamente necesario poñer en marcha os parques de bombeiros e dotar ós Concellos dos servizos de protección civil a través dos grumires. Coa decisión da Xunta non se acortan os prazos porque o goberno bipartito tiña a contratación deste servizo en nove meses e o gobierno de Feijóo co ánimo de facer caixa recortounas a 6”.

Pleno de Castro de Rei

O vindeiro luns, día 18, o Concello de Castro de Rei celebrará un Pleno extraordinario, no que se aprobará unha proposta para instar ó Presidente da Xunta a cumprir a palabra dada ós veciños deste Concello en xaneiro de 2009 de manter as instalacións do Hospital de San Rafael no municipio chairego. No Pleno participarán varios Deputados provinciais. Entre eles, xa confirmaron a súa asistencia o responsable da Área de Urbanismo, Miguel Ángel Sotuela, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez.

Exit mobile version