Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación repartiu preto de 1.400 toneladas de sal na rede viaria durante as últimas semanas

LUGO .-A Deputación esparexeu 451 toneladas de sal e mobilizou a 83 operarios e 114 vehículos nestes días de temporal e repartiu preto de 1.400 toneladas de sal na rede viaria nas ultimas semanas

Nota de Prensa

A Deputación repartiu preto de 1.400 toneladas de sal na rede viaria durante as últimas semanas

– Durante a fin de semana, o organismo provincial esparexeu 451 toneladas e mobilizou a 83 operarios e 114 vehículos

– A Deputación evacuou a enfermos en Cervantes e Navia e liberou a dous camións con animais vivos en Guitiriz

– O dispositivo provincial traballa de xeito ininterrumpido en toda a rede viaria e, nestes momentos, é preciso o uso de cadeas nas estradas de 9 Concellos

A Deputación repartiu 451 toneladas de sal durante a fin de semana coincidindo co último temporal de neve que afectou considerablemente á provincia de Lugo. Asimesmo, o organismo provincial mobilizou a 83 operarios, pertencentes ás 13 empresas adxudicatarias da Conservación Integral da rede viaria da Deputación. O sábado e o domingo, 114 vehículos traballaron de xeito ininterrumpido esparexendo sal e retirando neve co obxectivo de garantir a seguridade dos viandantes. Concretamente, foron 22 tractores con saleiro e con cuña, 33 todo terreos, 18 retros-mixtas, 10 motoniveladoras, 10 camións, ademais doutros medios materiais.

Dende o mes de decembro, o organismo provincial xa recheou ata en 5 ocasións os 12 saleiros que ten distribuídos na rede viaria provincial, e esparexeu preto de 1.400 toneladas dende esa data.

As empresas adxudicatarias da Conservación actuaron reitrando neve e esparcindo sal nas 13 zonas nas que o Plan divide a provincia: 1 (O Vicedo e Ourol), 2 (O Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada), 3 (Mondoñedo, Abadín, A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza), 4 (Meira, Ribeira de Piquín, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei e Rábade), 5 (Muras, Xermade, Vilalba, Guitiriz, e Begonte), 6 (Lugo, Guntín, Friol e Palas de Rei), 7 (Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla), 8 (A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna), 9 (Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita), 10 (O Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil), 11 (Monforte, Bóveda, Pobra de Brollón, Sober e Pantóin), 12 (O Páramo, Portomarín, Sarria, Paradela e O Saviñao) e 13 (Antas de Ulla, Monterrosao, Taboada, Chantada e Carballedo).

Nestes momentos, as vías que continúan a ter os maiores problemas e nas que é preciso o uso de cadeas son: Ribadeo (CP 5204), A Pontenova (CPs 1004 e 4809), Chantada (CP 1807), A Fonsagrada (CP 0408), Lugo (CPs 3907 e 2407), Baleira (CP 0401, 0402, 0403 e 0404), Castroverde (0502, 1201, 1202, 1611), Baralla ( CPs 0504, 0506, e 0507) e Monterroso (CP 3303).

Actuacións destacables

Os efectos do temporal de neve, ademais de ocasionar problemas na circulación, fixeron que a Deputación tivese que rescatar tres ambulancias en Láncara, Pol e Guntín. Asimesmo, houbo que evacuar enfermos en Cervantes e Navia de Suarna, e foi necesario liberar dous camións con animais vivos en Guitiriz que levaban atrapados neste municipio un día. Tamén se atenderon as peticións da páxina web. Concretamente, unha delas foi dun particular que solicitaba a actuación do organismo provincial na estrada da Igrexa da Costa, en Vilalba. A coordinación levada a cabo polo servizo de Vías de Obras fixo posible que se atendesen peticións coma esta, así como todas as incidencias rexistradas

Exit mobile version