A zona luguesa máis afectada polo temporal foi a chairega. Deste xeito, nas CPs 1105, 1107, 1112, 1106, e 1104 de Castro de Rei producíronse varias inundacións, ao igual que nas CPs 5503, 5501, e 0105 en Riotorto; nas CPs 4806, e 3005 de Meira; ma CPs 1711 de Cospeito; e nas CPs 3905, e 2905 de Outeiro de Rei.
Da mesma forma, o persoal do departamento de Vías e Obras da Deputación mobilizouse ata as CP 4009, 4004, 4006, e 4001 de Palas de Rei, así como a varios viais dos Concellos de Lugo, Guntín e Friol, tamén por inundacións.
O temporal de choiva ocasionou ademais desprendementos de terra principalmente na zona da Montaña; concretamente nos municipios de Cervantes, Pedrafita, Courel, O Saviñao, así como en Mondoñedo, Abadín, A Pontenova, e Riotorto.
O organismo provincial está a realizar labores de limpeza e retirada de terra. Para estes traballos, cóntase cunha retroescavadora, 5 retroexcavadoras mixtas, 6 camións, 1 camión grúa, 3 furgonetas, e 2 todoterreos.
O Plan de Conservación integral de estradas da Deputación dispón dun dispositivo de 110 operarios e 160 vehículos para atender calquera incidencia que poida xurdir nas vías luguesas.