Nota de Prensa
A Deputación aumenta en máis dun 20 por cento a oferta formativa do CENTRAD para 2010
– Lara Méndez avanza que este ano o Centro de Artesanía e Deseño organiza 240 xornadas nas que poderán participar unhas 2.200 persoas
– O organismo provincial logrou en 2 anos multiplicar por 6 a participación nos cursos pasando das 500 persoas a máis de 3.000
– A Vicepresidenta Segunda subliña que se está a pechar a programación do 15º aniversario do CENTRAD que se celebrará de forma conxunta con Lugo10
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, adiantou este venres a programación de cursos que o Centro de Artesanía e Deseño, dependente do organismo provincial, celebrará ó longo deste ano. O CENTRAD organiza 240 xornadas formativas: 65 forman parte da programación oficial, 15 son obradoiros impartidos exclusivamente polos artesáns do centro, e 160 son cursos que se levarán polos colexios da provincia. Deste xeito, o organismo provincial incrementa en máis dun 20 por cento a oferta formativa para 2010 con respecto ó ano pasado.
Lara Méndez subliñou que “a Deputación logrou deixar atrás os 50 cursos que a anterior Corporación organizou para o 2007, e onde o 80% foron de cestaría, para superar en 2008 os 130, e en 2009 os 200”.
A programación de obradoiros para 2010 inclúe xornadas sobre distintas técnicas nacionais e internacionais de cestaría, xoiería, e tapiz; cerámica e oleiría de Bonxe para distintos niveis; textil como elaboración de traxes rexionais, complementos, ou bordado; fabricación de instrumentos como por exemplo as zanfoñas; talleres de construcción de mobles; ebanistería, e incluso de encardernación onde se ensinarán, entre outras, as técnicas empregadas polos romanos.
Para elo, o CENTRAD conta coa participación de recoñecidos artenáns de Lugo e de outras provincias de Galicia, así como de Cataluña, Andalucia, ou Extremadura, e ata de Francia, Inglaterra, e Alemaña.
Incremento da participación
A titular da área de Promoción Económica e de Emprego salientou que en 2010 o número de prazas tamén se incrementa nun 20% con respecto ó ano pasado superando as 2.200. Lara Méndez incidiu en que “no 2007 contamos coa participación de 500 persoas. Esta Deputación logrou en 2008 1.300 alumnos, e en 2009 1.800. É dicir, en dous anos multiplicamos por 6 o número de participantes”.
Neste senso, a Vicepresidenta Segunda destacou que estes datos reflicten que “o CENTRAD está a cumprir os obxetivos que nos marcamos: ser un centro de referencia en Galicia e en España; impulsar o noso rico patrimonio artesanal; e formar ós cidadáns contribuindo non só a que os antigos oficios nos desaparezan, senón a que evolucionen ofrecendo novas oportunidades de traballo”.
O organismo provincial aumentou nun 27% os Orzamentos do Centro de Artesanía e Deseño para 2010, dotados en 1.700.000 euros, dentro da súa aposta tradición artesanal como unha oportunidade económica e de emprego.
15º Aniversario do CENTRAD
Lara Méndez avanzou que este ano o Centro de Artesanía e Deseño cumpre o seu 15º aniversario. Para elo, a Deputación está a pechar unha programación epecial que terá carácter nacional e internacional, e que irá en paralelo con Lugo10. “A Deputación e Concello están a traballar de forma conxunta na organización deste doble acontecemento que se nos presenta como unha oportunidade económica que non ímos deixar escapar”, concluiu.