Lara Méndez avanzou que a Deputación aprobou unha partida de emerxencia dotada de 140.000 para o arranxo das CPs 6502 e 6604 ó seu paso polo municipio viveirense. Neste senso, salientou que “somos a primeira administración que actúa de forma real. Como se pode ver, hoxe mesmo xa están traballando as máquinas para solventar os problemas provocados polo temporal e garantir a seguridade ós usuarios destas estradas”.
A titular da Área de Promoción Económica e de Emprego explicou que, no caso da CP 6502 de Vilalba por A Balsa a Chavín, o organismo provincial está a retirar uns 5.000 metros cúbicos de pedra, terra, e árbores que cortan este vial no punto quilométrico 46, e logo pavimentará a estrada. O presuposto adicado para acometer estas actuacións é de 80.000 euros.
Na CP 6604 de Magazos por Figueiras a Cabreiros, a Deputación inviste 60.000 euros para cambiar o trazado no punto quilométrico 0,700 ante o risco de novos derrubamentos. Para elo, o organismo provincial está a elaborar un estudo topográfico, e así coñecer os terreos que deberán expropiarse.
A Vicepresidenta Segunda comparou a actuación da institución luguesa con investimento que vén de anunciar a Xunta para atender ós Concellos da Mariña, e que se cifra en 100.000 euros. “Entendemos que esta candidade non son cartos suficientes para facer fronte ás incidencias de todos os municipios desta zona da provincia, xa que a Deputación en só dous treitos ten que adicar 140.000 euros”. Neste senso, instou á administracióna autonómica “a que faga efectiva canto antes esa pequena partida”.
Pola súa banda, o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, subliñou que “coñezo o traballo do organismo provincial. Con estas actuacións, o Presidente demostra unha vez máis que está coas persoas e cos veciños”.
“Máxima celeridade”
Lara Méndez lembrou que durante a fin de semana a Deputación estivo en alerta ante o forte temporal que obrigou o pasado sábado a pechar ó tráfico as dúas estradas provinciais afectadas, e a sinalizar rutas alternativas para os usuarios. “Dende o primeiro momento, a Deputación actuou coa máxima celeridade ante unhas choivas sobre as que ningún nos alertou, e fíxoo dunha forma seria, rigurosa e efectiva, cortando ó tráfico as estradas provinciais que debido á cantidade de auga acumulada poderían ser un risco para os veciños da zona”.
Deste xeito, incidou que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ordeou a primeria hora do luns o desprazamento dos técnicos do servizo de Vías e Obras do organismo provincial á zona para avaliar os desperfectos.