BURELA (FNC) .- O vindeiro martes 2 de febreiro a Delegación de Sanidade iniciará nos colexios Virxe do Carme e Vista Alegre unha nova campaña para fomentar a inxesta de iogures líquidos entre os escolares.
Segundo explica a edil Sonia Fraga “os iogures entregaránse cada quince días nos dous colexios desde febreiro ata o mes de xuño e o que pretendemos coa campaña é favorecer o consumo de lácteos na poboación máis nova do noso concello”.
En total os iogures chegarán a 212 nenos e nenas do colexio Vista Alegre e a 340 do Virxe do Carme. As datas nas que se efecturará esta campaña serán: 2, 12 e 23 de febreiro, 9 e 23 de marzo, 6 y 20 de abril, 4 e 18 de maio e 1 e 15 de xuño.
A concelleira de Sanidade sinala que “ésta é unha das actividades que organiza a miña Delegación para mellorar a calidade de vida e sobre todo para conseguir unha boa alimentación nos cativos animándoos ao consumo diario de productos importantes na nosa dieta”