Eu non fumo, nunca fumei, de rapaz algún pitillo, pero nunca lle collín o gusto á cousa e nin eu, nin a compañeira e filla fumamos, pero teño algún amigo e empregada que si o fai, e vou falar deles pero de forma anónima “Fumo desde hai moitos anos, aínda que hai tres reducín o meu consumo de tabaco considerablemente, limitándoo a ocasións sociais. Dadas as circunstancias, desde hai uns anos isto veu a significar fumar un paquete á semana. É unha cantidade moi propicia para que tantos fumadores como non fumadores se pregunten por que non o deixo, pero esta é outra historia e deberá ser contada noutra ocasión. O caso é que eu doume ínfulas de fumadora respectuosa, cando en realidade sucumbo como españolita de pro, ao “como todos o fan, eu tamén”. Cando estou nunha reunión onde son a única fumadora voume cos meus fumes a outra parte cando quero fumar (e se estou con xente apetéceme fumar, é automático). Pero cando estou nunha reunión onde hai máis fumadores, é unha falta de respecto total aos non fumadores que están compartindo a ocasión comigo, máis aínda tendo en conta que en realidade non me custa nada apartarme durante cinco minutos para causar menos molestias. Cando se trata dun lugar cerrado é especialmente sangrante. Ademais, son a primeira que ten que correr á ducha á mañá seguinte e botar a roupa a lavar porque estamos, roupa e dona, feitas un Cristo do cheiro a tabaco”.
Este caso é un claro exemplo do que dicía antes, somos, eu tamén, a pesar de que non fume nin beba viño, como dicía o refrán o demo mo levara por outro camiño, teño tamén algunha saída de tono, confésoo é imperdoable.
Alégrome de que estean preparando dunha vez unha lei antitabaco como a británica, ou francesa porque unha vez que prohiban fumar nun bar a xente todiña toda, terá que ser respectuosa á forza imperativa das multas ou algo peor.
En vista da incapacidade de facer as cousas que sabes que son boas, por exemplo a reciclaxe, e que son incapaz de facelo motu propio, non me queda outra que alegrarme de que me obriguen ao civismo.