XOVE .- Veciños e veciñas de Xove achegaronse aos baixos do concello para recoller as árbores que previamente habían encargado na Concellería de Agricultura, da que é responsable Dolores Meitín. Foi precisamente a concelleria, xunto con persoal da propia Concellería, quen se encargou de repartir os aproximadamente 1.000 árbores solicitados, os cales, a partires de hoxe, van a formar parte do entorno de moitas vivendas e fincas do concello de Xove. Con isto, dende a Concellería preténden potenciar as prantacións autóctonas frente a outro tipo de prantacións masivas, co fin de buscar un maior equilibrio no noso entorno natural.