Site icon Crónica3.com A Mariña

Instalacións destinadas aos xóvenes atópanse impracticables pola falla de mantemento, asegura o PSOE de Cervo

Nota de Prensa

A pista de Skate de San Ciprián, coma un queixo Gruyere

AS INSTALACIÓNS, DESTINADAS AOS XÓVENES, ATÓPANSE IMPRACTICABLES POLA FALLA DE MANTEMENTO

CERVO, 15 DE XANEIRO. Os amantes do Skate en Cervo levan tempo sen poder facer uso da única pista destinada a este deporte, situada no entorno da estación de FEVE. Coma xa ven sendo habitual o motivo non e outro que a falla de mantemento e limpeza das instalacións.
A pista de Skate foi unha demanda dun grupo de rapaces de San Ciprián, amantes de este deporte da rúa. No en vano, no Concello de Cervo desenvólvense todos os anos actividades relacionadas con esta e outras modalidades, que atraen a numerosas persoas, incluso doutros concellos veciños coma Viveiro donde tamén hai unha importante atracción polo skate.
Os propios aficcionados, chegaron a arranxar as rampas coas súas mans, para poder facer uso delas. O entorno tamén se atopa rodeado de suciedade e lixo acumulado que denotan o abandono e a falla de compromiso co deporte e coa xuventude do responsable municipal Rubén fernandez Rouco.
Dende o GMPSdeG, demandamos do Alcalde de Cervo e do Concelleiro de Deportes, non só o compromiso do arranxo, senon a mellora na dotación das instalacións, de forma que anime a outros mozos e mozas a practicar esta modalidad, que gana adeptos entre persoas cada vez mais novas.

A falla de mantemento nas instalacións deportivas do Concello en xeral, está a provocar numerosas queixas por parte dos usuarios, especialmente os da piscina municipal, e que os Socialistas de Cervo xa denunciamos en varias ocasións.
De nada sirve construir novos locais e lugares destinados as actividades lúdico-deportivas dos xóvenes, se despois non se materializa o compromiso de manter en óptimas condicións os mesmos. Neste sentido, Alfonso Villares ten a mala constumbre de facerse a foto o día da inauguración e despois esquecer o resto de obligacións.

Exit mobile version