Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pide que a Xunta “repoña o servizo de autopsias que atopou cando chegou ao goberno”

Nota de Prensa

REGO ESIXE A FEIJOO QUE REPOÑA O SERVICIO DE AUTOPSIAS QUE ATOPOU CANDO CHEGOU AO GOBERNO

-O deputado socialista acusa ao Partido Popular de enganar aos cidadáns da Mariña nas súas promesas electorais e na retirada de servizos

– Fomos os Socialistas os que atendendo ás demandas do sector das funerarias  e sendo sensibles coas familias afectadas, xestionamos e  acadamos que a Consellería da Presidencia do Goberno bipartito, descentralizase o Servizo e se volvesen a facer as autopsias nos hospitais de Burela e de Monforte

– Reclama que se  garantir a reorganización do sistema, de xeito que todas as autopsias da Costa Lucense e da Comarca de Lemos, volvan a efectuarse nas salas de necropsias dos hospitais de Burela e de Monforte, en horario de mañá e de tarde

Burela , 14 de xaneiro de 2010.  O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego reclamou hoxe ao Goberno de Feijoo, mediante unha Proposición Non de Lei, rexistrada na Cámara Autonómica, que repoña o servizo de Autopsias que atopou cando chegou ao Goberno.

Rego acusa ao Partido Popular de enganar aos cidadáns da Mariña de Lugo coas súas promesas electorais e na retirada de servizos.

Segundo relara na iniciativa o pasado mes de maio de 2009, un mes despois de chegar ao Goberno da Xunta de Galicia o Partido Popular, deixaron de facer as autopsias nos hospitais comarcais de Monforte de Lemos e Burela, centralizándoas en Lugo, o que supón unha burla aos cidadáns destas comarcas, por facer o contrario do que dicía hai uns meses, cando promovía unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia e mocións nos concellos, para que as autopsias se fixeran nos hospitais comarcais.

Fomos os Socialistas os que atendendo ás demandas do sector das funerarias  e sendo sensibles coas familias afectadas, xestionamos e  acadamos que a Consellería da Presidencia do Goberno bipartito, descentralizase o Servizo e se volvesen a facer as autopsias nos hospitais de Burela e de Monforte.

Rego denuncia que o Partido Popular volve a centralizar as autopsias en Lugo, co conseguinte prexuízo para as familias polo atraso que supoñen as viaxes na entrega dos defuntos, e tamén para as funerarias polos trastornos que iso produce.

Os Socialistas esiximos á Xunta do Partido Popular que corrixa esta situación, e cumpra agora o que demandaba cando estaba na oposición.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta o Goberno da Xunta a:

1º)  Reconsiderar a decisión de centralizar a realización de todas as autopsias do sur e do norte da provincia na cidade de Lugo, para que estas probas se volvan a realizar nos hospitais comarcais de Burela e de Monforte.

2 º)  A garantir a reorganización do sistema, de xeito que todas as autopsias da Costa Lucense e da Comarca de Lemos, volvan a efectuarse nas salas de necropsias dos hospitais de Burela e de Monforte, en horario de mañá e de tarde.

Exit mobile version