Se decimos que imos falar de Manuel Pérez González acaso resulte descoñecido, e polo tanto non esperte interese algún, a pesares de tratarse do home posiblemente mais singular e mais popular que a cotío percorre os pobos de Gijón a Ferrol, mensaxeiro de boas novas para as xentes, voceiro dos atractivos mais engaiolantes para o tempo de lecer da xuventude. A súa presenza, exótica e singular, pon na paisaxe o contrapunto colorista e festivo que irradia optimismo, estética externa que serve de envoltura a unha personalidade interior en armonía con aquéla. Polo seu talante dinámico, respetuoso e cortés, sempre alegre e bullangueiro, extrovertido e comunicativo, en todas partes é recibido con simpatía porque a súa actitude vital emana dunha idiosincrasia non prodigada: nél están ausentes todo sentimento de egoísmo, ambición ou envexa. ou mesmo do desexo de calqueira tipo de medre: non ten madeira de político. A súa alma sinxela solázase na paz que o arrodea e rexeita todo tipo de violencia: defende e practica pródigamente o mandato pacifista “fai o amor e non a guerra”. Instalado no candor dunha bohemia que nada ten que ver cos cánones desta sociedade que por todas partes desprende bafos de servilismo e adulación a aqueles que, dun xeito ou doutro, ostentan algún tipo de poder, él goza do don sublime da independencia persoal, da autonomía, da liberdade, paxaro que voa libre, sen concesión a prexuizos tan propios das pequenas comunidades, e liberado de toda atadura social ou ideolóxica: ninguén lle dicta consignas nen transmite ordes.Acaso esta actitude ante a vida e a sociedade teña a xénese nos anos de adolescencia, cando o rapaz admiraba as aventuras do seu ídolo do celuloide, encarnado na película “ Jhonni Yuma, el Terrible”. As súas vivencias mais entrañables teñen por escenario as beiras astur-galaicas do Eo pois, ribadense ata a médula, proclama a súa nacencia na pintoresca Figueiras, circunstancia transcendental que o fai acreedor ó agarimoso apelativo de “pixoto”. Iste poidera ser, descrito a voa pluma, o retrato anímico de quen é, pòla súa singularidade, exemplar único da fauna humana do contorno: “Yuma”.
Yuma