Site icon Crónica3.com A Mariña

Xogos educativos en internet con nenos dentro dos obradoiros tecnolóxicos da Rede de Ribadeo

RIBADEO .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Ribadeo, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de decembro en Ribadeo.

Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

* “Xogos educativos en internet”: dentro das actividades infantís e xuvenís do nadal 2009 (organizadas pola OMIX e o Concello de Ribadeo) impartiránse dóus obradoiros no telecentro no que poderan participar nenos/as a partir de 3 anos. Serán capaces de empregar diferentes xogos educativos na Rede e escribiremos unha carta aos Reis Magos no ordenador. Este obradoiro terá lugar os días 28, 29 e 30 en dóus turnos en horario de mañán. De 11:00 a 12:30 e de 12:30 a 14:00 horas.
* “Iniciación a internet”: con este obradoiro os/as usuarios/as serán capaces de manexar de forma básica, aplicación e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede internet. Desenvolverase dende o 14 ao 23 de decembro en horario de tarde de 19 a 20 horas.
* “Xestión de calendarios”: con este obradoiro os/as usuarios/as serán capaces de crear, modificar e imprimir un calendario. Terá lugar todos os venres, do 4 de decembro ao 29 de xaneiro cos membros da Asociación “A Mariña” de Ribadeo, en horario de 11 a 12:00 horas.

A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ribadeo, sito na rúa Antonio Otero, 15, 2º andar, chamar ao teléfono 982.120.732 ou mandar un correo electrónico ao enderezo telecentroribadeo@gmail.com

Exit mobile version