Nota de Prensa
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro considera que a supresión da xornada dedicada á maxia , tradicionalmente desenvolvida os 28 de decembro co nome de “Festival dos Inocentes”, é unha mostra máis do desinterese do goberno municipal por manter actividades con calidade contrastada e prestixio e que contaban con moitísimos seguidores, especialmente no público infantil.
“Este festival de maxia—lembra o concelleiro nacionalista Xosé A. Goás Basanta—no que actuaban os mellores profesionais de Galiza, acompañados por coñecidos magos de todo o Estado Español e do extranxeiro é suprimido da programación cultural do Concello de Viveiro, cando era unha cita obrigada para veciños, visitantes nestas datas de decembro”. “A concelleira de Cultura terá que explicar porque se suprime este Festival de Maxia e que gaña Viveiro eliminando actividades que mesmo contaban con subvención para entregarlle a programación do Teatro Pastor Diaz a unha empresa privada”, manifesa o portavoz do BNG.
A xestión da área de Cultura é inexistente. Fanse poucas actividades e estas son soportadas por institucións e colectivos ( Banda de Música, colexios…), non se pagan os gastos das actividades realizadas outros anos e que obtiveron ingresos con entradas do público e aínda así contrátanse actuacións xestionadas por unha empresa privada. Unha vergoña!