Site icon Crónica3.com A Mariña

Unhas 11 mil persoas redescubriron a provincia de Lugo co programa Km0 da Deputación

Veciños de Viveiro participaron no programa Km0

LUGO .- Unhas 11 mil persoas redescubriron a provincia de Lugo durante o ano 2009 co programa medioambiental da Deputación Km0. A Deputación tamén oferta as opcións denominadas Compostela e Xtreme. Neste último caso, permite coñecer Lugo a través da multiaventura e do deporte.

Nota de Prensa

Unhas 11.000 persoas redescubriron a provincia  en 2009 con Km0

– Preto de 300 veciños participan nas últimas dúas rutas deste ano organizadas dentro do programa medioambiental
– A Terra Chá, O Piornedo e Monforte de Lemos, destinos esta semana da iniciativa que promove a Deputación

Unhas 11.000 persoas redescubriron a provincia en 2009 grazas ó programa medioambiental da Deputación Km0. A iniciativa, que está a ser todo un éxito, está formada por outras dúas modalidades: a Compostela e Xtreme. Neste último caso, que permite coñecer Lugo a través da multiaventura e do deporte e que foi inaugurada no mes de setembro en Ribadeo polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, as actividades máis demandadas foron tres rutas: “helicóptero”, “tirolina” e “a cabalo”.
En total, unhas 200 persoas elexiron a ruta que inclúe unha visita en helicóptero e que permite coñecer a provincia dende as tres bases: A Mariña –con base en Ribadeo-, Lugo Centro –na zona de Rozas- e zona sur –con base en Tor-.  Polo que respecta ás de “tirolina” e “a cabalo”, estas contaron con medio cento de participantes.
O innovador programa está a superar todas as expectativas. De feito, son varias as administracións e Deputacións españolas que xa amosaron o seu interese polo seu desenvolvemento. Nestes momentos, a organización da iniciativa xa ten cuberto o cupo de prazas ata mediados do mes de maio, de tal xeito que cando remate a segunda fase, prevista para xullo de 2010, chegarase ós 22.000 participantes.
Últimas rutas de 2009
Un grupo da Asociación de Veciños de Tirimol e a outro do Seminario de Estudos de Terra de Viveiro foron recibidos este martes no Pazo de San Marcos, dentro de Km0. No primeiro caso, logo de seren recibidos nas instalacións provinciais, percorreron as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño. A continuación, os 48 integrantes desta Asociación desprazáronse ata a zona sur da provincia, onde visitaron o Pazo de Tor, o Museo do Ferrocarril, os xardíns “Compañía” e o río Cabe.

Pola súa banda, ós 48 veciños de Viveiro coñeceron a oleiría de Bonxe. Asimesmo, visitaron as Pallozas do Piornedo, o pobo e a igrexa de Donís.

O mércores, 48 integrantes da Asociación de Veciños “Parroquia de Arroxo” de Sober optarán pola ruta “O Pedregal”, que inclúe unha visita á área recreativa de Fonmiñá e á igrexa de Santa María de Meira. Dentro dos centros dependentes do organismo provincial, o elexido será o Centro de Interpretación Terras do Miño.

Ese mesmo día, 48 membros da Asociación de Mulleres Rurais “A Xuntanza” de Castro de Rei decantaranse polo Concello de Xermade. Despois de visitar o CENTRAD, percorrerán o parque eólico de Sotavento e visitarán a charca de Alligal. Estas catro rutas, incluídas no programa medioambiental da Deputación, son as últimas que se desenvolveran en 2009.

Exit mobile version