O domingo 13 de decembro nova cita co teatro en Barreiros. Será a partires das seis da tarde no centro social de San Cosme. O grupo de teatro do Hospital Xeral de Lugo representará a obra O parto de Calandrino. O acto está patrocinado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, enmárcase dentro do proxecto teatral Buxiganga e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Teatro en Barreiros, o domingo representan O parto de Calandrino
Teatro en Barreiros, o domingo representan O parto de Calandrino
Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este Venres Santo na II Degustación do Mexillón de Rinlo, organizada pola asociación de veciños O Cantal, en colaboración co Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar
-
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, felicitou as xogadoras de Burela FS e Castro pola final da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino que se xogou este xoves no Pavillón dos Deportes de Lugo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacion
-
Abriu recentemente en Ribadeo, nas galerías comerciais que comunican as rúas San Francisco e Reinante, unha zapatería de calzado respectuoso infantil, aínda que tamén ofrece algo para adultos