RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, suliña a dinamización económica que supuxo para Ribadeo o Mercado do Nadal, que concluiu con éxito de vendas e de visitas.
O rexedor dixo que “debo facer un balance absolutamente positivo do que significou este Mercado do Nadal aquí en Ribadeo. Empezou non con moi bó pé por mor da chuvia, pero despois as expectativas máis optimistas se puideron cumprir a xulgar pola cantidade de xente que todos os días se pasaron pola carpa instalada no parque de San Francisco”.
Suárez Barcia contou que “veu xente de Ribadeo, pero tamén moita xente de fóra do noso concello ademáis de turistas que se atopaban pola zona, todos acudiron ao mercado, pero acudiron a Ribadeo, que é o máis importante, é o que conta e é o norte que nós temos cando organizamos todos estes eventos que ao longo destes anos estamos a facer, que si Mercado do Nadal, que si concurso de tapas, que si Mercado da Horta… son iniciativas, que agora incluso nos copian desde outros concellos e que nos parece fantástico, pero o que queremos con todo esto non é só que veñan uns artesáns e que vendan, eso tamén, pero queremos que Ribadeo se encha de xente como é o caso”.
O alcalde de Ribadeo asegurou que “moita xente e os hosteleiros recoñecen a dinamización en positivo que esto significa para a vila, unha vila fundamentalmente comercial e de servizos, cunha hostelería moi grande, e que acaba redundando positivamente. Ainda que o mercado estea no parque de San Francisco por todas as rúas peonís sempre hai moita xente, e valora moito que Ribadeo siga a ser unha cabeza económica desde o punto de vista comercial de toda a comarca da Mariña e dunha parte moi importante do Occidente asturiano”.