NOTA DE PRENSA:
O GMPP de Burela, satisfeito coa visita de López Abella
Os populares consideran que a Xunta do PP deixa clara a vontade de colaborar co concello de Burela na prestación de servizos
Lembran os populares que a colaboración económica da Xunta do PP co centro San Aníbal superará este ano en 8.000 euros a recibida o pasado exercício. Ademais, as obras que se están a acometer na guardería permitirán evitar de xeito definitivo as filtracións de auga.
A Xunta adica á reposición do tellado da gardería 107.000 euros e, segundo aseguraron os técnicos, permitirá dar solución definitiva a este problema, ó contrario da actuación que tiña prevista o anterior goberno bipartito na administración autonômica que sería un mero parcheo.
Precisamente o feito de que a nova Xunta decidira optar por esta solución provocou o retraso na execución das obras, dado que houbo que realizar un novo proxecto. De calquera xeito, de cumprirse as previsións, os traballos rematarán antes da reanudación das clases tras as vacacións de Nadal.
O voceiro do GMPP José María González Barcia tamén suliñou que a visita que a Secretaria Xeral de Família realizou á gardería fixoa en compaña do alcalde, o que significa que o PP busca a colaboración entre as institucións, ó contrario do que fai habitualmente o bipartito burelés que busca reiteradamente o enfrontamento coa Xunta de Galicia.