LOURENZÁ .- A empresa Proxectos presentará o próximo sábado, día 11, en Lourenzá,un “Estudio de viabilidade dunha cooperativa comercializadora de faba” que contempla dous supostos. O dun pesimista no que participarían un total de 15 socios e un optimista no que participaría o 70% dos produtores totais. Será no salón de actos da Casa da Cultura de Lourenzá a partires das 15:30 horas pola empresa “Proxectos”
Nota de Prensa
Delegación Medio Rural e Medio Ambiente
Durante a tarde do vindeiro venres día 11, no salón de actos da Casa da Cultura en Lourenzá, terá lugar a segunda parte das III Xornadas sobre cooperativismo.
O RESTULTADO DEFINITIVO DO ESTUDIO DE VIABILIDADE DUNHA COOPERATIVA COMERCIALIZADORA DE FABA PRESENTARASE O PRÓXIMO VENRES DÍA 11.
* Na vindeira semana verá luz o proxecto definitivo “Estudio de viabilidade dunha cooperativa comercializadora de faba”, será na tarde do venres día 11 a partires das 15:30
Santiago, 5 de decembro do 2009.- Despois de algo máis dun mes, a presentación do “Estudio de viabilidade dunha cooperativa comercializadora de faba” será presentado no salón de actos da Casa da Cultura de Lourenzá a partires das 15:30 horas pola empresa “Proxectos”.
Os productores asistentes á primeira parte das III Xornadas de Cooperativismo que se desenrolaron na tarde do día 6 de Novembro fixeron boa mostra do interese que suscita a creación dunha cooperativa comercializadora de faba que poña no mercado a producción de Faba de Lourenzá cosechada na mariña a un prezo por riba dos costes de producción, cando menos.
Dende o Concello avisouse a tódo-los asistentes a presentación da primeira parte do estudio, non obstante a xornada non será restrinxida a estes, estará aberta a todo público en xeral.
A tarde do día 11 inicarase coa presentación do estudo e posteriormente desenrolarese unha xornada de traballo coas persoas que voluntariamente se ofreceron para traballar xuntos có ánimo de que a Cooperativa sexa finalmente unha realidade.
Na presentación do estudo, profundirase na viabilidade do proxecto partindo de 2 supostos: un pesimista no que participarían un total de 15 socios e un optimista no que participaría o 70% dos produtores totais.
Na xornada de traballo tentarase de motivar e animar a aquelas persoas máis interesadas no proxecto para que sexan elas as que a partir dese momento fagan de palanca e animen a outras persoas.