Site icon Crónica3.com A Mariña

Roel e Aja tanto monta, monta tanto

“O home ten tal natureza que fai máis impresión nel a ficción que a verdade”. Isto dicíao no “Eloxio da Tolemia ” o gran pensador, Erasmo de Rotterdam.
Cada vez que nos enfrontamos a un período electoral, o próximo por estas “Veigas” será o de elixir alcalde e concelleiros,  renovamos a nosa capacidade de ficción, de mistificación, de soños e de irrealidade, de autoengano e de esperanzadora expansión nas nosas pequenas e grandes ideoloxías.
No caso de Viveiro os dous gobernos de esquerda con dúas lexislaturas no  poder facendo practicamente nada por cambiar a orde desordenada de cousas que quedaron dos 20 anos de goberno de Cesar Aja que repetiu perante o seu mandato o que se viña facendo na ditadura franquista.
Melchor Roel só fixo maquillar o sistema,  dopouno socialmente,  blindouno aínda mais para evitar sorpresas, e aí están, novamente esperando que as xentes crean as promesas para o futuro, en reiterado xesto de imbecilismo morfémico.
Roel gañou pola súa simpatía e porque axudáronlle moito a prepotencia exercida por o seu predecesor, Aja pola súa forza imperativa de liderado dentro da dereita viveirense, co tempo exerceu  imaxe paterna
O PP segue a ser en Viveiro Cesar Aja, el e solo el, de el son os éxitos e os fracasos, a candidatura de Leal queda simplemente como unha anécdota.
A dereita de Viveiro quedou a pasada semana reforzada por unha executiva que inclúe as vellas glorias dos 20 anos de gobernos Aja, con algunha excepción que confirma a regra.
Cesar Aja actúa con soltura de corpo, pois sabe que en Viveiro, gracias a inoperancia e mal facer da esquerda,  non hai forza social organizada que poida enfrontárselles con algunha posibilidade de cambiar o folgado esquema de privilexios que se  auto outorgaron   neste prolongado período de “paz social”, que é, a non dubidar, unha especie de paz dos cemiterios,
Agora aproximámosmos a unha nova elección onde as dúas correntes do poder enfróntanse para dirimir a quen correspóndelle dirixir ao “cuartel “. Pois un sistema que está preso social e xuridicamente, baixo unha gaiola de ferro estruturalmente impenetrable, simplemente están presos, é unha especie de cuartel ou unha “cidadanía sitiada”, onde quen ouse criticar, cantar e contar as verdades do barqueiro, “van a por el” como seica dí o concelleiro de autobuses, festas e romeiras do bó xantar.
Mentas o PSOE anuncia “polo baixiño” o posible nomeamento de Maria Loureiro,
as súas virtudes non podemos destacar pos nestes casi catro anos limitouse a ser a recadeira de Melchor con algunhas malas “mañas” no pouco que fixo ou desfixo dende a praza Maior, si se presenta o PSOE sufrira unha debacle podendo baixar 2 ou 3 concelleiros.  O Bloque sei que presentara a Bernardo Fraga xoven promesa e que por descarte pode subir 2 concelleiros, IU si se vai Orlando Expopsito quedara fora do mapa.
Curiosa condición que xa Erasmo de Rotterdam hermanaba á tolemia por alá polo século XVI, cando advertía:
“Decides que é unha desgraza vivir no engano; mellor é dicir que é unha desgraza vivir sen engano”. (O eloxio da tolemia).

Exit mobile version