RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo, a través das Concellarías de Cultura, Xuventude e Deportes preparou unha intensa axenda de actividades destinadas aos nenos, que estarán de vacacións no nadal. Comenzarán o vindeiro 23 de decembro. Haberá teatro e contacontos, xogos educativos no telecentro, xornadas polideportivas e cociña para mozos e mozas, entre outras cousas.
TEATRO E CONTACONTOS
23 DE DECEMBO: CARAMUXO: Os bolechas. Será ás 17:30horas no Auditorio Municipal .
28 DE DECEMBRO: MANOLO PANFORRETEIRO: As árbores das tres toronxas. Tamén ás 17:30 horas no Auditorio Municipal.
29 DE DECEMBRO: MANOLO PANFORRETEIRO:O deserto de Rub Al Khali. 17:30 horas no Auditorio Municipal.
30 DE DECEMBRO: SARABELA: Cósima. 17:30 horas. Auditorio Municipal .
XOGOS EDUCATIVOS NO TELECENTRO 28, 29 E 30 DE DECEMBRO
Para participar nestas actividades é necesario realizar a inscrición na Omix ou chamando ao teléfono 982 120 808 xa que as prazas son limitadas. Estes xogos están dirixidos a nenos a partires de 3 anos. Serán os tres días en horario de 11 a 12:30 e de 12:30 a 14 horas, na Casa da Xuventude.
XORNADAS POLIDEPORTIVAS 28, 29 e 30 DE DECEMBRO.
Un ano máis haberá baloncesto, fútbol, tenis de mesa, aerobic, xogos de grupo… Os destinatarios son os rapaces con idades comprendidas entre os 7 e os 13 anos. As xornadas serán de 11 a 13:30 horas no pavillón municipal.
COCIÑA PARA MOZ@S: SABORES DO MUNDO 28, 29 e 30 DE DECEMBRO.
Os interesados, mozos e mozas a partires de 12 anos deberán inscribirse na Omix ou chamar por teléfono ao 982 120 808. Estas xornadas serán de 11:30 a 13:30 horas na Aula Fogar da Casa do Mar.
MERCADIÑO DO TROCO: O Concello colabora con Amarante que organizou este Mercadiño do Troco que se desenvolverá o 26 de decembro a partires das 17 horas no Cantón dos Moreno. Os nenos poderán levar os xoguetes dos que queiran desfacerse ao longo dos vindeiros días e despois no mercadiño poderán trocalos por outros.
As actividades de Nadal rematarán coa cabalgata de reis prevista para o 5 de xaneiro.