Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo informa sobre o programa de termalismo do IMSERSO 2010

Poden participar no programa os pensionistas do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación e invalidez en todos os casos, e polo concepto de viudedade ou de outras pensións unicamente cando o solicitante cumprira os sesenta anos de idade. As persoas que NON solicitaron este programa no ano 2009 xa teñen á súa disposición as solicitudes nas nosas oficinas, así ben aquelas persoas que foron solicitantes en anos anteriores recibirán no seu domicilio o modelo de solicitude máis simplificado. Os interesados en obter máis información poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo.

Exit mobile version