VIVEIRO .- Regal Cerámicas participa en duas das feiras de venta directa de artesanía mais emblemáticas que se celebran nestas datas a “XXII Feira mercado de artesanía da comunidade de Madrid” e na feira “XXV Feira Ofeitoaman” que se celebra en Vigo.
Nota de Prensa
UN NADAL CHEO DE CERAMICA
Regal Cerámicas participa en duas das feiras de venta directa de artesanía mais emblemáticas que se celebran nestas datas, dende o día 18 de Decembro ata o 5 de Xaneiro.
Unha delas é a XXII FEIRA MERCADO DE ARTESANIA DA COMUNIDADE DE MADRID, situada na praza de España, en Madrid, na que participamos como artesanos convidados, inaugurada pola Presidenta da Comunidade de Madrid, Doña Esperanza Aguirre.
A outra feira é OFEITOAMAN, en Vigo, ubicada na Praza da Estación, que xa vai pola XXV edición, nesta ocasión Doña Maria Nava Castro Domínguez, Directora Xeral de Comercio, foi a encargada de facer a inauguración.
Un considerable numero de madrileños a vigueses fan os seus agasallos de Nadal con productos feitos en Galicia.
En ambalas duas feiras o publico ten a posibilidade de mercar, xogos de delicatessem, que incluen os tipicos productos de Nadal, combinados con licores variados, nacementos, e unha gran variedade de pezas de cerámica, todas elas fabricadas no obradoiro de Ceramicas Regal en Xunqueira, para agasallar e sorprender a familiares e amigos, cun regalo practico e diferente.