Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentan en Burela o documental sobre Cabo Verde “O fillo do mar”

BURELA (FNC) .- O domingo 27 de decembro preséntase na Sala de Conferencias do Concello de Burela o documental O fillo do mar, sobre a lendaria orixe galega do pai da patria de Cabo Verde, Eugenio Tavares. O acto terá lugar a partires das doce da mañá e contará coa presencia do alcalde de Burela, Alfredo Llano, o director do documental, Luis Menéndez, e membros do equipo de O fillo do mar. A vila acolle o estreo do documental antes do seu pase na Televisión de Galicia previsto para o luns. O rexedor, Alfredo Llano, asegura que “se trata da historia dun naufraxio que tivo lugar fronte ás costas de Cabo Verde. Un sinistro no que se salvou un neno en el está baseada esta historia. Estamos moi contentos de que se veña a presentar aquí este documental, debido á importante comunidade caborverdiana que reside entre nós. O equipo da rodaxe quixo ter un detalle con eles en recoñecemento ás facilidades que lles deron en Cabo Verde para efectuar esta rodaxe”. Llano convida a todos os veciños de Burela e do resto dos municipios da Mariña a acudir a esta cita que terá lugar o vindeiro domingo.

Exit mobile version