NOTA DE PRENSA
As paralizacións ás que someteu a Xunta bipartita á tramitación administrativa do VAP Costa Norte demoran o horizonte de finalización desta infraestrutura
TOURIÑO E CARIDE MENTIRON AOS VECIÑOS DA MARIÑA CANDO AFIRMARON QUE O CORREDOR ESTARÍA EN SERVIZO EN 2011
* A directora xeral de Infraestruturas confirma que nos primeiros meses do ano próximo dará inicio o proceso de expropiación treito lucense Viveiro Sur-Celeiro
* Isabel Vila tamén adiantou as previsión de execución do resto dos treitos lucenses, Covas-Viveiro Sur e Os Ramos-Covas, neste último caso actuación demorada como consecuencia das paralizacións impostas polo bipartito.
A Mariña, 17 de decembro de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol indicou que, a luz dos datos proporcionados pola directora xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, sobre o importante atraso e paralizacións ás que o bipartito someteu a tramitación administrativa do corredor da costa é posible deducir que tanto o ex-presidente da Xunta de Galicia como a anterior Conselleira de Política Territorial mentiron a todos os veciños da Mariña, de Ortegal e de Ferrol Terra. Á luz dos datos proporcionados sobre a situación na que se atopaba no momento do traspaso de poderes a execución do VAP Costa Norte, era imposible lograr que esta infraestrutura entrase en servizo no horizonte do 2011 tal e como prometeron ambos dirixentes da anterior Xunta bipartita. PSOE e BNG son, polo tanto –segundo o deputado popular- os máximos responsables da súa paralización e por iso chama a atención que agora pretendan ser os que poñen o grito no ceo cando existe un cronograma con previsións realistas e concretas para finalizar desta infraestrutura.
Balseiro lembrou que o Partido Popular e el mesmo, manifestáronse no Vicedo co obxecto de esixir a axilización do corredor da Costa e que con ese mesmo espírito o Grupo Popular reclama hoxe que o novo Goberno galego elabore unhas previsións de entrada en servizo do Corredor, cribles, rigorosas e que poidan facerse realidade achegando para elo os investimentos precisos. Nesta liña felicitouse porque en menos de 100 días, tras a chegada do Partido Popular á responsabilidade de Goberno, a nova Xunta adxudicou as obras de primeiro treito lucense, de inminente inicio. Segundo o incluído no DOGA, o tramo Celeiro – San Ciprián disporá dun orzamento de 32,3 millóns de euros.
EXPROPIACIÓNS NO 2010
A directora xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Isabel Vila Barbosa confirmou en resposta a preguntas do deputado popular Jose Manuel Basleiro, que o Goberno galego iniciará no ano próximo as expropiacións dun novo treito lucense do corredor, o denominado Viveiro Sur – Celeiro de 11,20 Km. “Os primeiros meses do 2010 –expuxo a representante da Xunta- aprobarase o proxecto de trazado o que dará inicio ao proceso expropiatorio durante este exercicio” Tamén confirmou que no 2010 rematarase o proxecto constructivo e de seguido no 2012 iniciaranse as obras, polo que a entrada en servizo deste novo tramo terá lugar no 2013-2014.
Isabel Vila adiantou así mesmos as previsións respecto do resto dos treitos lucenses. No relativo ao treito Covas –Viveiro Sur, de 2013, de 19,1 Km, as previsións son que no 2014 teña lugar tanto a fase de expropiacións como o inicio das obras de tal xeito que estará en servizo no 2015.
Finalmente con respecto ao treito Os Ramos-Covas, Isabel Vila adiantou que é o que “máis demorado” se atopa, “como consecuencia das continuas suspensións” que sufriu durante a pasada lexislatura En 2014 terán lugar as expropiacións, en 2015 a licitación, e estará en servizo antes do 2017