Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP de Burela o convenio da Banda de Música é competencia do alcalde

NOTA DE PRENSA
Os populares solicítanlle ó alcalde que aporte proxectos para actuar na Casa do Mar .

Os populares afirman que o Concello non se dirixiu á Xunta sobre esta cuestión.

Aseguran que o convenio sobre a Banda de Música é compentencia do alcalde e pregúntanse cantos convenios similares teñen ido a pleno.

O GMPP de Burela plantexoulle hoxe unha alternativa ó alcalde sobre a petición dunha nova gardería á Xunta. A alternativa, que o PP trasladou ó pleno como enmenda de substitución a través do seu portavoz González Barcia, é que o concello, se quere usar o edifício para servicios sociais, faiga un estudio dos servicios que quere trasladar á Casa do Mar, e a raiz do mesmo se elabore un proxecto básico, coa correspondente memoria económica. Estes documentos elaboraríanse con carácter previo para trasladallos á Xunta xunto coa petición da nova escola infantil.

O GMPP, segundo González Barcia, considera que non é serio traer este asunto a pleno sen ningún documento que avale a viabilidade dos arranxos da Casa do Mar, e sen ter falado coa Xunta sobre este asunto, xa que non consta na Consellería de Traballo e Benestar ningunha petición de entrevista para este asunto formulada polo alcalde. Os populares entenden que este punto foi ó pleno non pola existencia de lista de espera na gardería, senon polo cabreo de Nieves Cando sobre as obras da gardería, que demostran o cumplimento dos compromisos do PP e da Xunta de Feijoo. Ademais, indicou Barcia, non é de recibo que estes temas se traten tan alegremente sen nada sólido sobre o que apoiarse. Tanto é así, que a proposta non está asinada polo alcalde, que é a persoa que en todo caso deberá sentarse coa Xunta para falar de este asunto, porque el é quen debería liderar esta petición. Esto, segundo o portavoz do GMPP, demostra mui pouca seriedade e rigor, cualidades que adornan dabondo tanto ó alcalde coma a Nieves Cando.

González Barcia lembrou que foi o PP o único partido que levou no seu programa electoral das pasadas autonómicas a construcción dunha nova gardería para Burela, e que agora tanto BNG coma PSOE tentan apropiarse da idea, cando mesmo o BNG tivera as súas reticencias sobre a financiación da gardería actual. Resulta chocante, segundo González Barcia, que o bipartito burelés se acorde agora dunha nova escola infantil, cando durante dous anos puideron plantexar este asunto ó bipartito da Xunta. Pero, ainda que tiñan datos, calaron a boca, e agora pretendan que a Xunta de Feijoo solucione o que eles foron incapaces nin tan siquera de iniciar os procedementos.

En relacion coa Banda de Música e o convenio que se pretende asinar coa Asociación de Amigos da Banda, o GMPP, a través de Cristóba Edrosa, entende que se se quere transferir a Banda, que se transfira con todas as consecuencias, incluidos os cartos para pagarlle ó Director. Porque a metade do convenio está enfocado ás funcións do Director, e pouco máis. Pero o chocante é que o informe de secretaría pón claramente que a aprobación dun convenio similar a este é competencia do alcalde. Por eso, asegurou Edrosa, entendemos que o que se pretende é facernos cómplices de algo no que antes non se nos chamou para nada, unicamente a propia Asociación de Amigos da Banda, algo que hai que agradecer.

Cristóba Edroda afirmou que no seu momento custara moitos esforzos e traballo conseguir que a Banda, que naceu como privada, pasase a ser municipal. Agora, segundo Edrosa, o que se quere é desmantelar todo o que se fixo, solo antendendo a intereses particulares mui concretos, e perdendo totalmente a condición de “municipal” que tén hasta agora a Banda. De ahí, dixo Edrosa, o noso voto en contra.

Os populares pregúntanse por que, se vén este convenio a Pleno, non veñen outros que se teñen asinado con anterioridade. Esto fai que non nos fiemos da palabra do alcalde, que está visto que non tén gran valor.

Exit mobile version