Coa chegada da crise, que aínda que abarca case todos os eidos da vida dos cidadáns, foi principalmente unha crise financieira, os bancos e sobre todo as caixas de aforros afectoulles dun xeito moi importante. Todo o mundo di que en España sobran moitas caixas de aforro, non queda entón máis remedio que fusionarse de cara a aumentar o tamaño crítico para sobrevivir.
Ata aquí, parece que non hai discrepancias, éstas aparecen nas formas e modo de levalas á practica. En Galicia hai hoxe dúas caixas cun tamaño medio, que teñen que tomar medidas para a súa supervivencia. Entre as solucións falouse de alianzas con outras caixas do estado español, pero capitaneada desde a Xunta, que di estar disposta a vetar outras soluccións, imponse a fusión entre as dúas caixas galegas. Fusión que é apoiada por gran parte da sociedade galega, Xunta, sindicatos, as principais forzas políticas do país,.. apelando a galeguidade e a solvencia da entidade resultante.
Non oín ata hoxe a ninguén que represente aos usuarios, aos “sufridores” diría eu, das actuais caixas e por supusto tamén da futura macrocaixa. Neste intre coma un dos afectados faigo unha pequena reflexión. Ao parecer esta fusión, case por unanimidade, vai costar entre prexubilacións, reestructuración de oficinas 1.200 millóns de euros; esto é algo máis de 400 € a cada galego. Cada familia galega imos ter que pagar preto dos ingresos dun mes para que esta nova entidade nos preste os seus servizos. E prantéxome unha pegunta, imos ter algunha vantaxe estes usuarios galegos cada vez que usemos estes servizos ou vainos costar o mesmo ou máis que se usasemos os servizos dunha caixa madrileña ou catalana por exemplo?. Outra dúbida que teño, unha vez fusionadas, e que polo tanto diminúa a competencia, teremos os usuarios galegos que soportar aquelo que diga o Consello de Administración e apandar cos costes e comisións que nos queiran endosar.
A vista de todos estes interrogantes, un que non é ténico na materia, pero que lle dá a impesión de que a galeguidade e a solvencia financieira vannos saír caras aos usuarios das caixas galegas, creo que debemos reclamar o noso dereito a opinar. Xa sei que se me dirá que cada catro anos votamos, eleximos aos nosos representantes e que éstes van tomar a decisión de fusionar as caixas gústenos máis ou menos.
Nun mundo globalizado coma o actual é curioso que os que presumen de liberais, sobre todo no eido económico. E onde todo o que non son “pesetas”, euros agora, son puñetas; como se predicaba deste estes sectores. Sexan os máximos defensores dunha entidade galega. Nesta situación, do que teriamos que preocuparnos e de que sexa quen sexa a entidade financieira, e de que nos preste un servizo de calidade, cun trato personalizado e evidentemente con tódalas garantías de seguridade para os depositantes; sen mirarlle o carné de identidade. Sexa unha caixa galega ou Hong-Kon Sangai Corporacion Bank.