A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en colaboración co Concello de Xove organiza un Obradoiro sobre o fenómeno do cambio climático para divulgar e concienciar a cidadanía sobre a problemática medioambiental co obxectivo de promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais.
A actividade comeza cunha exposición que estará aberta ata o 28 de decembro en horario de 19:00 a 21:00 na sala de exposicións do salón de actos do Concello. Asómesmo o mércores 23 de 17:00 a 19:00 da tarde no mesmo lugar, realizaranse obradoiros dirixidos a adultos e os nenos e nenas, na aula de formación do Concello