Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de cociña en Ribadeo para rapaces maiores de 12 anos

RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá do 28 ao 30 de decembro o Obradoiro de cociña para moz@s: Sabores do mundo. Está dirixido a mozos e mozas a partires de doce anos. Segundo a Oficina de Atención ao Inmigrante aseguran que “os rapaces aprenderán receitas sinxelas de diferentes países: México, Brasil… que lles ensinarán familias de inmigrantes que residen en Ribadeo. O obxectivo desta actividade é, dunha maneira lúdica, transmitir valores de respecto e tolerancia e que aprendan a valorar a diversidade como fonte de enriquecemento”.

Ana María Prieto lembra que a inscrición está aberta na Oficina de Atención ao Inmigrante situada no Auditorio Municipal. O obradoiro será de 11:30 a 13:30 horas na Casa do Mar de Ribadeo os días 28, 29 e 30 de decembro.

Exit mobile version