Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama no Parlamento recursos para a ampliación do Hospital da Costa

NOTA DE PRENSA:
REGO RECLAMA NO PARLAMENTO RECURSOS E MEDIDAS PARA POÑER EN MARCHA, AO LONGO DO ANO 2010, O PLAN DIRECTOR E ARQUITECTÓNICO PARA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA

-O deputado socialista lembra que no ano 2008 a Consellería de Sanidade dando cumprimento a un compromiso contraído no Parlamento de Galicia puxo en marcha un estudo sobre; os aspectos demográficos da área da costa de Lugo na actualidade e nos escenarios futuros, os recursos actuais de atención especializada da zona e necesidades futuras da area, a carteira de servizos do Hospital da Costa e tamén pola previsión da demanda de atención especializada

– Sinala que no devandito estudo conclúese a necesidade de incrementar os recursos asistenciais especialmente na área ambulatoria e, máis concretamente, a hospitalización de día

Santiago de Compostela , 11 de decembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou, na Cámara Autonómica, unha Proposición Non de Lei na que insta ao Goberno de Feijoo a habilitar os recursos e medidas precisas, para poñer en marcha ao longo do ano 2010 o Plan director e arquitectónico para a ampliación do Hospital da Costa.

Rego lembra, na iniciativa rexistrada, que o Hospital da Costa radicado en Burela dá asistencia sanitaria aos 14 concellos da Mariña lucense cunha poboación superior aos 70.000 habitantes.

Sinala que nos últimos anos foise ampliando a carteira de servizos do centro, o que fai que no momento actual este Hospital deixase de ser considerado un hospital comarcal dependente dun hospital de referencia, para ser considerado hospital xeral.

O deputado socialista lembra que no ano 2008 a Consellería de Sanidade dando cumprimento a un compromiso contraído no Parlamento de Galicia puxo en marcha un estudo sobre; os aspectos demográficos da área da costa de Lugo na actualidade e nos escenarios futuros, os recursos actuais de atención especializada da zona e necesidades futuras da area, a carteira de servizos do Hospital da Costa e tamén pola previsión da demanda de atención especializada.

Ismael Rego subliña que no devandito estudo conclúese a necesidade de incrementar os recursos asistenciais especialmente na área ambulatoria e, máis concretamente, a hospitalización de día. Afirma que nos últimos meses do ano 2008 licitouse a elaboración dun Plan funcional para o centro que foi adxudicado no mes de febreiro a unha empresa co compromiso de finalización do dito plan no prazo máximo de tres meses. Con estes argumentos di que o Plan xa debeu ser concluído e entregado á Consellería e, no seu caso, dar lugar a un plan director e arquitectónico do centro, é polo que presentamos a seguinte proposición non de lei.

Exit mobile version