Nota de Prensa
REGO INTERPELARÁ A CONSELLEIRA DE SANIDADE SOBRE O “CAOS” AO QUE TEN SOMETIDO O HOSPITAL DA COSTA
-O deputado socialista cualifica de falacia chea de falsidades as cartas de contestación remitida pola Consellería e o deputado do PP Balseiro, aos sindicatos e a plataforma creada para a defensa da area sanitaria na que se negan todas estas evidencias que veñen denunciando os profesionais que traballan no centro
– Denuncia que dende a chegada do novo Goberno iniciouse unha campaña de paralización dos investimentos e unha minusvaloracion crecente do centro hospitalario
– Dixo que estas decisións so poden ter unha finalidade que é o claro debilitamento desta infraestrutura hospitalaria ata chegar a convertelo nun PAC ou voltar a un antigo ambulatorio
Santiago , 1 de decembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou que interpelara a Consellería de Sanidade sobre o caos ao que ten sometido o Hospital da Costa.
O deputado socialista denuncia que dende a chegada do novo Goberno iniciouse unha campaña de paralización dos investimentos e unha minusvaloracion crecente do centro hospitalario. Amais puxo como exemplo a non inversión dos mais de 600.000 euros incluídos para distintas reformas nos orzamentos do 2009, a diminución das peonadas, o intento de unificar os servizos de urxencias do PAC e a paralización do Plan Director para ampliación do mesmo, que lembrou contaba cun investimento de 9.6 millóns de euros, e subliña que nos orzamentos no ano 2010 non se contemplan nin un so euro.
Ismael Rego dixo que estas decisións so poden ter unha finalidade que é o claro debilitamento desta infraestrutura hospitalaria coa que conta os cidadáns da mariña de Lugo, ata chegar a convertelo nun PAC ou voltar a un antigo ambulatorio doutros centros de referencia que se atopan a mais de 100 km de distancia dos mais de 75.000 habitantes aos que presta servizo.
O deputado socialista argumenta que a estratexia da Consellería de Sanidade so pode ter unha finalidade encamiñada a debilitar a sanidade publica na zona a favor dos traslados a centros concertados, é dicir favorecer a sanidade privada en detrimento da publica, a través dun intento mesmo da desmotivacion do cadro de persoal do centro hospitalario que veu amosando o longo dos pasados anos un forte compromiso persoal e profesional coa mellora e potenciación da atención sanitaria na Costa, ata o punto de conquerir que hoxe o seu Hospital se pareza mais polo numero de servizos que oferta a poboación a un hospital xeral, que a un comarcal.
Cualificou de falacia chea de falsidades as cartas de contestación remitida pola Consellería e o deputado do PP Balseiro, aos sindicatos e a plataforma creada para a defensa da area sanitaria na que se negan todas estas evidencias que veñen denunciando os profesionais que traballan no centro, e mesmo se chega a afirmar por parte da Consellería, que o Hospital foi construído polo PP. Rego lembra que nas datas nas que se realizou esta infraestructura nin sequera existía este partido. E insiste convén recordarlle a esta Conselleira e aos responsables do PP que o Hospital foi iniciado polo Goberno da UCD presidido por Adolfo Suárez e inaugurado polo Ministro Socialista Ernest LLuch.