NOTA DE PRENSA
REGO DENUNCIA QUE OS POPULARES VOTARON EN CONTRA, NO PARLAMENTO, DAS EMENDAS QUE APOSTABAN POLO INVESTIMENTOS DAS GRANDES INFRAESTRUCTURAS PARA A MARIÑA DE LUGO
-O deputado socialista dixo “ de manterse a postura do Partido de Balseiro no Debate dos orzamentos, cancelaría os investimentos para a zona e o único que fai é enviar unha mensaxe de desanimo e desmotivacións aos axentes privados e económicos
Foz , 4 de decembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael denunciou hoxe a deixadez e o abandono ao que sume o Goberno de Feijoo a Mariña de Lugo, tralo voto en contra, na Comisión 3º do Parlamento, do Grupo Parlamentario Popular ás emendas socialistas. Rego fixo esta afirmación na casa de Cultura de Foz, a onde acudiu a presentar as emendas aos orzamentos da Xunta.
Rego denunciou que o Partido Popular votou en contra, na Comisión 3º do Parlamento, ás emendas socialistas retrasando así tódolos proxectos para a zona. Sinala que o PP votou en contra das emendas que apostaban polos investimentos das grandes infraestruturas para Comarca.
O deputado socialista lembrou as iniciativas presentadas polo Grupo Parlamentario Socialista como por exemplo a ampliación do Hospital da Costa, o Corredor San Cibrao-Ferrol ou fondos para proxectos en materia de abastecementos e saneamentos. Tamén sinalou proxectos en materia de súelo industrial, donde dixo que “non se contempla ningunha actuación en materia de accesibilidade interior da zona”. E destacou o rexeitamento da emenda para a mellora e a ampliación da estrada entre A Pontenova e Riotorto e Lindin coa Cruz da Cancela, e que serviría ademais de enlace da Estrada Nacional Vegadeo-Lugo coa A-8..
Ismael Rego dixo que “o Partido de Balseiro de manterse a súa postura no Debate dos orzamentos, cancelaría os investimentos para a zona e o único que fai é enviar unha mensaxe de desanimo e desmotivacións aos axentes privados e económicos”. Ademais di que o Goberno de Feijoo “esquece a Mariña de Lugo” e insistiu que para o anterior executivo autonómico A Mariña era unha zona estratéxica “e agora pasa para o vagón de cola”, e sentenciou “estas son as verdadeiras políticas do Goberno do Partido Popular na Comarca”, relatou.