NOTA DE PRENSA
O GMS DE CERVO DENUNCIA DEFECTOS GRAVES NAS INSTALACIÓNS DA PISCINA MUNICIPAL
A AUGA DAS PINGUEIRAS BAIXA POLO CADRO ELÉCTRICO, PRETO DA ZOA DE TRABALLO DO PERSOAL E A SAÍDA DE EMERXENCIA ATOPASE BLOQUEADA DEBIDO AO SEU MAL ESTADO
CERVO, 01 DE DECEMBRO. Lamentable é o estado no que se atopan as instalacións da piscina municipal despois das últimas choivas. O Concello de Cervo, a pesar das reiteradas denuncias do GMS é incapaz de asumir a súa ineficacia e deixadez na xestión e o mantemento das instalacións municipais.
O luns a tarde e o martes a mañá, concelleiros do GMS acudiron á piscina para verificar o seu estado e atopáronse cos traballadores provistos de cubos e fregonas retirando a auga das pingueiras. O peor de todo e que este auga discorría polo cadro eléctrico xeral situado xusto na zona da recepción da piscina, preto dos traballadores, co conseguinte risco para eles.
Na zoa das gradas, a auga discorría polo chan e a saída de emerxencia atopábase vallada e polo tanto inutilizable en caso necesario. No exterior das instalacións, poidemos comprobar o motivo que non é outro que o estado de desgaste das escaleiras, debido á falta de mantemento. Un estado que demostra de novo o abandono do Concello de Cervo durante todos estes anos.
Preguntámonos coma é posible chegar a esta situación extrema de abandono, nun concello que recibiu cantidades inxentes de diñeiro de promotores e licencias de obra que segundo o PP ían destinadas a dotar a Cervo de novas infraestructuras e a mellorar as existentes. Está visto, que os cartos foron para outro sitio que aínda non sabemos.
Polo tanto, non hai excusas e volvemos a demandar por activa e por pasiva ao alcalde de Cervo, que DE FORMA URXENTE acometa as reparacións pertinentes para que non se volvan a repetir estas situacións que poñen en risco a seguridade dos traballadores e a dos propios usuarios e veciños.