Site icon Crónica3.com A Mariña

O primeiro tenente de alcalde focense foi cesado dos seus cargos no goberno municipal

Xaime Cancio e José María García Rivera

FOZ .- O rexedor municipal focense, o socialista José María García Rivera, cesou de tódolos cargos que tiña no goberno municipal ó primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Xaime Cancio.
En declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña, García Rivera dixo que cesou a Xaime Cancio porque perdeu a confianza nel. E Xaime Cancio manifestou, tamén en Onda Cero A Mariña, que seguirá como edil do PSOE na corporación de Foz e criticou a Rivera polo seu “exceso de prepotencia”.
Agora a primeira tenente de alcalde en Foz é a concelleira socialista Rosa Alonso.

Exit mobile version