NOTA DE PRENSA
Barreiro: “Os orzamentos para 2010 consolidan o derroche que se practica na Deputación”
* Os populares alertan de que as contas da administración provincial contemplan triplicar a débeda con respecto ó 2009, o que suporá hipotecar o futuro da institución
* O investimento real da Deputación reducirase o vindeiro ano preto dun 20 por cento, un 5,5 por cento no orzamento consolidado da institución provincial
* O gasto corrente nas tres entidades que conforman a administración provincial (Deputación, Suplusa e Inludes) sube en conxunto preto dun 12 por cento
Lugo, a 23 de decembro de 2009.- Reducción do gasto productivo e espectacular subida dos gastos correntes. Así resumiu hoxe o voceiro do Grupo provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro os orzamentos da Deputación de Lugo para o 2010, que, con respecto ós de 2009, disminúen un 3,2 por cento.
“A Deputación fai todo o contrario do que debía facerse nun momento de grave crise económica coma o actual e do que todos os organismos económicos nacionais e internacionais recomendan. Cando o lóxico sería aplicar un plan de austeridade e fuxir do endebedamento, o Sr. Besteiro e o seu equipo opta por facer todo o contrario. Ata tal punto que os orzamentos do 2010 prevén triplicar a débeda con respecto ó presente ano, ó pasar de 8 a 25,5 millóns de euros. O que suporá hipotecar o futuro da institución”, explicou Barreiro.
Aínda que nos tempos que corren é difícil explicar este nivel de endebedamento, podería entenderse, segundo puntualizou Barreiro, se eses cartos se adicaran a investimento, pero para “maior desgracia dos lucenses”, os orzamentos tamén prevén unha drástica reducción das inversións reais. Exactamente unha rebaixa do 6 por cento no orzamento consolidado (inclúe Deputación, Suplusa e Inludes) e do 20 por cento si se ten en conta só o orzamento da Deputación.
E mentras se produce esta rebaixa da inversión productiva medran os gastos correntes no que atinxe o orzamento propio da Deputación un 10,8 por cento, ó pasar de 15,3 millóns de euros no orzamento de 2009 a 17,2 no do 2010.
En resumo, segundo salientou Barreiro, o alto grao de endebedamento da administración provincial vaise adicar a cubrir ó gasto corrente. Un capítulo no que, segundo salientou o voceiro dos populares na Deputación, inclúense partidas “moi pintorescas”. Así, con respecto ó 2009, duplícase a cantidade adicada a gastos diversos, ó pasar de 2,1 millóns de euros a 4,2 millóns.
Nesta partida xenérica inclúense gastos por conceptos “igualmente chamativos”, segudo explicou Barreiro: preto de un millón de euros para gastos de publicidade e propaganda e 228.500 euros para atencións protocolarias. “Por si esto fora pouco, consignanse case 800.000 euros máis baixo o epígrafe de gastos diversos non especificados”, engadiu.
José Manuel Barreiro tamén salientou o feito de que a Deputación lucense verá reducida nun 25 por cento as transferencias procedentes do Estado, o que supón dispoñer de 18,8 millóns menos. O voceiro dos populares reprochou ó bigoberno provincial que tiveran rexeitada unha moción presentada polo seu grupo na que reclamaban ó Goberno central que mantivera o mesmo nivel de transferencias para as entidades locais do pasado ano.
OZAMENTO CONSOLIDADO.-
O montante global do orzamento consolidado da Deputación (inclúe Deputación, Inludes e Suplusa) increméntase un 1,1 por cento con respecto a 2009. A reducción de ingresos é manifesta: un 27,2% menos por impostos directos; un 20,6% en impostos indirectos; un 25% menos de transferencias correntes, un 17% menos en transferencias de capital mentres que o nivel de débeda increméntase un 167 por cento con respecto o pasado exercicio, provocado polas operacións de crédico por importe de 25,5 millónes de euros da Deputación propiamente dita e dos 12 millóns de Suplusa.
O gasto conxunto das tres entidades que conforman o organismo provincial increméntanse: un 2,9% en persoal ou un 9% en gasto corrente, por exemplo, mentres que o orzamento real redúcese un 5,5 por cento con respecto o presente exercicio.
ORZAMENTO SUPLUSA.-
No que atinxe ós orzamentos de Suplusa, José Manuel Barreiro indicou que se incrementa un 37,4 por cento con respecto o presente exercicio, pero tamén aquí aumentan de xeito significativo os gatos. En persoal sube un 10,3%; e un 16 % no gasto corrente. Os gastos por préstamos increméntase con respecto a 2009 un 53% e a débeda a amortizar un 31,6 por cento.
A inversión real sube tamén considerablemente, pero prácticamente todo o investimento previsto para equipamento e dotacións nos concellos (12 millónes de euros) serán financiados íntegramente cunha operación de crédito. O resto dos ingresos que recibirá Suplusa adicaranse na súa totalidade a cubrir os salarios do persoal, o gasto corrente e a pagar a débeda.
ORZAMENTO INLUDES.-
As contas previstas para o 2010 do Inludes baixan con respecto ó 2009 un 7,23 por cento, pero ascende nun 14,11% o gasto de persoal mentres que a inversión real vese menguada nun 20,73 por cento con respecto o presente exercicio