Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz solicita apoio do BNG para que se celebre un pleno extraordinario “sobre a crise do goberno de García Rivera”

Nota de Prensa

O PP SOLICITARÁ A CELEBRACIÓN DUN PLENO EXTRAORDINARIO PARA OBTER EXPLICACIÓNS PÚBLICAS SOBRE A CRISE DO GOBERNO DE GARCÍA RIVERA

* Empraza ao Bloque Nacionalista Galego a apoiar esta petición en interese  dos veciños e ante a evidente situación de ingobernabilidade na que se atopa o Concello.

Foz, 04 de decembro de 2009.- O Partido Popular de Foz solicitará a celebración dun pleno extraordinario da Corporación Municipal para obter as explicacións públicas oportunas sobre a crise de Goberno que propiciou o Alcalde, Jose María García Rivera, despois  de cesar ao seu número dous de todas as súas funcións.

Os populares demandarán non só que explique as razóns nas que se fundamenta a perda de confianza do rexedor municipal no seu concelleiro senón tamén os motivos polos que falou de que esta decisión tiña como obxecto “velar pola honorabilidade do concello”. Non parece procedente que se fagan  afirmacións de esta gravidade e se neguen aos veciños das explicacións  oportunas.

Ao mesmo tempo desde o Partido Popular convidan ao Bloque Nacionalista Galego a apoiar esta petición en interese dos veciños e ante a evidente situación de desgobernanza na que se atopa o Concello de Foz, cun Executivo en minoría, que ademais agora podería perder o apoio dun dos concelleiros  socialistas.

Exit mobile version