Nota de Prensa
O PARTIDO POPULAR DE FOZ, NON DESCARTA O SERVICIO DE 24 HORAS EN FOZ.
• En tan só seis meses a Xunta rexida polo PPdeG fixo máis cao bipartito os pasados catro anos: Existe un compromiso de dotar ao Centro de Saúde dunha ambulancia permanente
O Partido Popular de Foz emitiu un comunicado no día de hoxe no que saen ao paso das críticas efectuadas polos nacionalistas locais. Os populares non descartan a creación dun servizo de urxencias 24 horas no municipio e lembran que, malia que neste momento a acción da Xunta debe estar marcada pola austeridade, consecuencia do mal momento económico no que nos atopamos, manteñen o seu compromiso electoral de mellorar a atención médica de urxencias as 24 horas do día. Sinalan, ademais que xunto aos criterios técnicos tamén hai criterios políticos e, polo tanto, non é descartable para nada que ao longo da actual lexislatura poidamos contar con este servizo tan demandado polos veciños do concello.
O PP de Foz cree que os nacionalistas non están lexitimados para dar leccións neste asunto porque, como ben saben todos os veciños, cando nos pasados catro últimos anos tiñan responsabilidade de Goberno na Xunta rexeitaron en todas as ocasións e negaron en todo momento a creación do PAC de Foz, pese a ser un compromiso asumido por escrito. Neste senso cómpre lembrar as promesas efectuadas polos antigos dirixentes do PSOE e do BNG (Emilio Pérez Touriño e Anxo Quinta) incluídos en varias cartas.
EN SETE MESES MOITO MÁIS CA NOS CATRO ÚLTIMOS ANOS
Os populares de Foz reclaman ao voceiro dos nacionalistas locais que garde silenzo pois, a súa posición non está exenta de grandes dosis de hipocresía política e moito engaño xa que, mentres que en Foz se manifestaba a favor do PAC, os seus compañeiros en Santiago de Compostela votaban repetidamente en contra del. “Esta claro que os nacionalistas non teñen criterio”
Finalmente lémbranlle que baixo ningún concepto teña o atrevemento de facer comparacións coas xestións desenvolvidas polos distintos representantes do PP xa que, mentres que en sete meses, o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo xa adquiriu o compromiso de dotar ao Centro de Saúde de Foz dunha ambulancia permanente –precisamente a proposta do PP-, os nacionalistas, que tamén prometeron a posta en marcha deste servizo, foron absolutamente incapaces de levalo ao longo da pasada lexislatura. “Como mínimo imos a cumprir o que eles incumpriron”