Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo quere impedirlle á oposición sacar fotos en zoas públicas, asegura o PSOE

Nora de Prensa

O PP DE CERVO QUERE IMPEDIRLLE Á OPOSICIÓN SACAR FOTOS EN ZOAS PÚBLICAS

O PORTAVOZ DO PP NO CONCELLO, MOSTROU O SEU ENFADO NO PLENO POLAS FOTOS QUE DENUNCIABAN O ESTADO DA PISCINA

CERVO, 04 DE DECEMBRO. O PP de Cervo quere que a oposición non denuncie as deficiencias nas instalacións municipais, e moito menos que faga fotos delas.
Durante o pleno celebrado o pasado mércores, no turno de rogos e preguntas, o portavoz do PP, Balseiro Orol, aludió as fotos denuncia filtradas á prensa que poñian de manifesto o estado no que se atopaban as instalacións da piscina municipal por mor das choivas e a falta de mantemento. Balseiro Orol dixo non saber quen había feito as fotos pero advirteu que os concellerios da oposición teñen prohibido facer fotos nos edificios públicos do Concello sen antes pedir un permiso ao concello. O PP aludió en varias ocasións á “aficción á fotografia” por parte da Concelleira Beatriz Vázquez, en clara alusión as denuncias feitas aos medios durante os últimos meses.
Para o GMS, o mais grave é que o PP está mais preocupado polas fotos que por os feitos que en elas se denuncian, o que para nos é intolerable.
O PP quere impoñer a súa lei
Para o GMS, estes feitos son unha clara mostra do caracter dictatorial dos representantes do PP de Cervo, e que se palpou tamén no pleno, durante as 5 horas que durou. Advertiu en varias ocasións aos grupos da oposición para que se ciñeran ao punto tratado e sen embargo cando o portavoz do PP tiña a palabra podía falar doutros temas relacionados co Goberno Central e Diputación sen limitacións.
O GMS quere aportar ideas para o novo Plan E
O GMS a través da súa portavoz, Lara Mendez, solicitou que a oposición esté presente e poda aportar ideas na elaboración dos proxectos do Fondo Estatal (Plan E) para o ano 2010. O PP non se pronunciou ao respecto.

Exit mobile version